Vaise renovar o alumeado de Santo Albites no Concello de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro iniciou das obras que se van realizar no alumeado de Santo Albites e das actuacións de mellora en camiños .
RENOVACIÓN NO ALUMEADO PÚBLICO DE SANTO ALBITES e caminos Viveiro 2
10 sep 2022

O Concello de Viveiro informa do inicio das obras que se van realizar no alumeado público de Santo Albites e das actuacións de mellora en diversos camiños municipais.

Esta mellora no alumeado público beneficiará a practicamente toda a zona de Santo Albites. O orzamento desta actuación ascende a 92.755 euros e inclúese na subvención do Fondo de Compensación Ambiental. 

Esta obra implica un importante reforzo e mellora da eficiencia enerxética desta zona, coa conseguinte mellora lumínica e aforro enerxético. 

Tamén comezaron as obras de mellora de varios viais de Covas e Vieiro, incluídas dentro da subvención do Agader. Trátase en concreto da pista da Pedreira e da pista Pedreira-Foro, na parroquia de Covas, e das pistas Chousa Vella e da Cova, en Vieiro. 

As obras que se pretenden realizar nestes camiños consisten na mellora do firme existente, ademais da limpeza de cunetas, obras de barrido e limpeza previos do vial, sinalización, etc. O orzamento ascende a 84.502,62 euros.

RENOVACIÓN NO ALUMEADO PÚBLICO DE SANTO ALBITES e caminos Viveiro 1
RENOVACIÓN NO ALUMEADO PÚBLICO DE SANTO ALBITES e caminos Viveiro
0.19475317001343