Vaise mellorar o alumeado na rúa Picarolas de Ribadeo

AMariñaXa
O Concello realizará melloras no alumeado da rúa Picarolas, que cambiará de ubicación, do lado esquerdo pasará ao dereito.
ribadeo obras picarolas
2 sep 2021

O Concello realizará melloras no alumeado da rúa Picarolas, que cambiará de ubicación, do lado esquerdo pasará ao dereito. O proxecto contempla a instalación de novas luminarias de tecnoloxía led.

O investimento ascenderá a 22.500 euros e consistirá na colocación de 7 novas luminarias de tecnoloxía de LED de 60 vatios sobre as súas correspondentes columnas para o cal precísase facer unha nova canalización. Por este motivo a rúa permanecerá pechada uns días, mentres duren estas obras.

0.18712496757507