Vaise mellorar a concentración parcelaria de Mondoñedo Norte

AMariñaXa
Vanse investir un total de 48.387,49 euros en diversas obras complementarias da concentración parcelaria de Mondoñedo Norte
3 Dec 2022

Vanse investir un total de 48.387,49 euros en diversas obras complementarias da concentración parcelaria de Mondoñedo Norte, dentro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) 2022. As actuacións consistirán na mellora, adecuación e ampliación de diferentes camiños da parcelaria.

Son cinco actuacións en total. Tres delas consistirán na demolición de pavimento existente de camiño en desuso (anulado polo proceso de concentración e integrado nas parcelas) e posterior recheo con terra. En segundo termo, levarase a cabo a ampliación doutro camiño mediante as actuacións de retranqueo de muro de mampostería nunha cara vista e pavimentado mediante un paquete de firme formado por unha capa de saburra artificial, entre outros materiais.

Por último, dentro deste proxecto construirase tamén outro camiño de acceso a unha parcela, de 32 metros de lonxitude e 3 metros de ancho, mediante as actuacións de roza e limpeza e reafirmado mediante o aporte dunha capa de material.

Todos estes traballos enmárcanse no desenvolvemento de obras complementarias en camiños do proceso de concentración de Mondoñedo Norte. Precisamente, está prevista a entrega dos títulos desta parcelaria o vindeiro día 14 de decembro, nun acto presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González. Esta parcelaria supuxo a reorganización de 5.317 parcelas en 1.335 predios novos. Actuouse nunha superficie de 811 hectáreas.

0.18543314933777