Vaise mellorar a accesibilidade na rúa de Galdín, en San Cibrao

AMariñaXa
Vaise mellorar a accesibilidade na rúa de Galdín, en San Cibrao. O Concello de Cervo inicia os procedementos para executar a obra
cervo rua galdin mellora accesibilidade
13 Feb 2022

O Concello de Cervo inicia os procedementos para executar a obra de mellora de accesibilidade na rúa de Galdín, en San Cibrao.

A execución pretende mellorar a accesibilidade do vial, conseguindo integrar a circulación tanto de vehículos como de peóns. Vaise substituír a rede de abastecemento existente, así como tamén se vai instalar unha nova rede de saneamento cun sistema de separación. Por último, acometerase unha renovación do firme, adecuado ás condicións de accesibilidade actuais.

O orzamento total desta execución ascende a un total de 104.492 euros, con fondos procedentes do Plan Único.

Alfonso Villares: “con esta obra pretendemos mellorar as infraestruturas básicas existentes, apostando por un espazo de carácter público de calidade, cómodo e accesible, que contribúa a satisfacer as necesidades básicas da nosa veciñanza”.

Apunta o rexedor que “esta actuación, que nace froito da comunicación cos veciños e veciñas, está en sintonía coas liñas xerais do noso equipo de goberno de adecuar o noso municipio ao contexto actual en materia de accesibilidade e integración”.

0.21800184249878