Usuarios de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña asistiron a unha ponencia sobre o mar

AMariñaXa
Usuarios de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña asistiron a unha ponencia sobre o mar na confraría do mar de Burela
charla biologa usuarios enfermo mental a marina
23 Apr 2021

Na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña seguen a desenvolver as actividades  que forman parte do proxecto inclusivo Creación Aula do Mar A Mariña; desenvolvido a través  das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) e aprobado pola Consellería do  Mar ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro ( GALP) a Mariña Ortegal no marco do FEMP. 

Así, dentro da actividade de Terapia Mar levouse a cabo unha charla didáctica “Explorando o mar na Mariña Lucense” impartida pola bióloga Elena Barcelo Culebras. Da man desta profesional, unha trintena de persoas con enfermidade mental, achegáronse á realidade do mar que lles rodea dunha forma integral ao coñecemento do mundo mariño, ao tempo que contribuen ao mantemento da estabilidade clínica e a mellora da calidade de vida dos usuarios. 

0.16726994514465