Uns 56 participantes cítanse no V Torneo de Tenis de Mesa Concello de Cervo
AMariñaXa
Celebrouse o V Torneo de Tenis de Mesa Concello de Cervo, no Pavillón da Veiga, da man do Club deportivo San Ciprián
29 Xul 2024
Celebrouse o V Torneo de Tenis de Mesa Concello de Cervo, no Pavillón da Veiga, da man do Club deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello. En total foron 56 os participantes procedentes de toda Galicia, Asturias, Madrid, Castela a Mancha, Portugal e Xénova. Venceu Braulio Gayoso do CTM Toledo, seguido por Luis Azevedo do Breogán Oleiros TM, Eugenio Alonso do CD San Ciprián e Ricardo Ferreiro do CTM Milagrosa.
A muller con maior puntuación foi Jaqi Guo Cheng do Club De Mar TM e os participantes máis novos foron Jiaming Guo Cheng de 8 anos e Iker Azevedo de 7 anos. Entregaron os trofeos a alcaldesa, Dolores García Caramés, e os concelleiros Alfredo Fernández e Adrián Arías.