Uns 40 alumnos do CEIP Castro de Ouro de Alfoz participan na xornada 'Eu como peixe'
Uns 40 alumnos de educación infantil e primaria do CEIP Castro de Ouro de Alfoz participaron na xornada divulgativa 'Eu Como Peixe' impartida pola dietista Alba Vila en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu ciclo de visitas a colexios da Mariña.
Esta visita forma parte da serie de actividades dirixidas ao público infantil que se levan a cabo desde a OPP-7 Porto de Burela, co obxectivo de achegalos ao mundo da pesca e o consumo de peixe; inclúese no seu plan de produción e comercialización e están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e FEMPA.
O secretario técnico de OPP-7, José Manuel Beltrán, saudou aos alumnos antes de dar paso a unha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola dietista Alba Vila, que, ademais dos seus centros en Burela e Foz, tamén coordina os menús dalgún colexio da zona.
Os pequenos amosáronse moi participativos durante a presentación, seguindo atentamente os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo as principais diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.
No acto participaron uns 40 alumnos de educación infantil e primaria, de entre tres e oito anos, que realizaron innumerables preguntas durante a charla e ao final da charla recibiron unha mochila de agasallo.