Uns 200 palistas participan na nova edición da liga provincial de piragüismo de Lugo
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas que se celebrarán en Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Foz e Lugo entre maio e setembro. O vicepresidente da Deputacíon de Lugo Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García presentaron a competición en Foz, xunto a representantes do Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo e da Federación Galega de Piragüismo.
A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e facilitando polo tanto que deportistas de categorías poidan desfrutar do aliciente que supón competición, sen grandes desprazamentos.
Cada regata é organizada por un club, facilitando así que a actividade deportiva pero tamén económica e social que xeran as probas, que reúnen unha media de 200 palistas, se distribúa por toda a provincia, especialmente, na comarca da Mariña, onde se concentran catro das probas.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García valoraron o traballo que realizan os clubs coas categorías de base” e sinalaron que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo tratamos de apoiar ese esforzo de forma integral, dando soporte económico a competicións como a liga provincial e impulsando tamén iniciativas formativas nos propios clubs e nos centros educativos”.