Unha media de 60 equipos participan nos torneos do SD Ribadeo
O SD Ribadeo presenta os torneos que se disputarán os días 1, 2, 8, 9, 15 e 16 de xuño. Participarán unha media de 60 equipos en cada torneo, uns 1.000 xogadores e máis de 2.000 acompañantes cada fin de semana, segundo destacou o presidente do club organizador, Valentín Coto. No acto de presentación tamén interviñeron o deputado provincial de Mocidade, Dani García; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado: e o alcalde de Ribadeo, Dani Vega.
O presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto, explicou que “Estamos procedendo á la presentación do quinceavo torneo infantil SD Ribadeo, á vez que o décimo noveno torneo alevín e o décimo noveno torneo benjamín e prebenxamín, que se van a disputar durante o primeiro, segundo e terceiro fin de semana deste mes de xuño. Creemos que son os torneos máis multitudinarios que ten a SD desde a súa existencia”.
A cita, cunha media de 60 equipos por torneo e mil xogadores cada fin de semana, implicará que veñen unhas 2.000-3.000 persoas. “Contaremos con equipos de todo O norte de España: Cantabria, Asturias, Galicia… e tamén temos equipos portugueses e este ano hai un equipo de Reino Unido”.
O deputado provincial Dani García manifestou que “dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, estamos encantados de poder colaborar un ano máis con este torneo que xa supera moitas edicións. É un torneo que xa transcende o ámbito deportivo, por que xa é un referente a nivel non só de Ribadeo, senón de toda A Mariña, provincia, e tamén xa a nivel internacional”. E indicou que este evento “para Ribadeo é un impulso que fa e que sexa un referente nestes fines de semana e que nos esteamos encantados de colaborar porque temos que apostar pola canteira e este tipo de eventos son os axeitados para apostar”.
Impulso para Ribadeo
O xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, felicitou á organización e ao Concello pola aposta do deporte os 365 días do ano e pediulles aos afeccionados: “que veñan desfrutar do fútbol, do deporte, pero que veñan a desfrutar tamén do que é a cultura, a patrimonio e a gastronomía. Creo que é algo moi importante para dinamizar economicamente a Ribadeo e os seus arredores”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou que “é moi importante inculcarlles eses valores do deporte aos máis pequeniños desde idades ben temperás. E creo que para Ribadeo estes tres fins de semana van ser moi importantes polo que supoñerán para a dinamización económica do noso municipio: para a hostalería, para os hoteis, pero tamén para o comercio”. A piques de iniciar a tempada alta, cre “que vai a ser un mes moi potente grazas a celebración destes torneos, unha vez máis organizados pola SD. Agardamos que sexan un éxito”.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacou o traballo da SD Ribadeo así como a implicación e dedicación do concelleiro Francisco José Silvent e do técnico municipal de Deportes, Iván López. E aproveitou a ocasión para reclamar o apoio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para poder mellorar as instalacións deportivas de Ribadeo. “Estamos facendo un estudio en detalle das instalacións. Valentín xa o sabe, no campo de fútbol, tamén no pavillón, sobre distintas inversións que vamos ter que facer nos próximos anos, que son moi importantes para Ribadeo”. Polo tanto, pediu que ademais do esforzo do Concello se comprometan a Xunta e Deputación: “Levamos anos de escaseza e polo tanto agora creo que o efecto inversor é moi importante”.