Uns 120 alumnos participan en Viveiro na primeira Xeolodía Infantil de Galicia
AMariñaXa
Arredor de 120 nenos e nenas percorreron a contorna da antiga mina de ferro da Silvarosa, aprenderon sobre xeoloxía e sobre o funcionamento da antiga mina
O alumnado durante a actividade
22 Maio 2024
Viveiro foi escenario da primeira Xeolodía Infantil que se celebra en Galicia, coa participación de nenos e nenas de 6º de Primaria de catro colexios de Viveiro: Ceip de Celeiro, de Galdo, de Covas e CEP Lois tobio. Arredor de 120 nenos e nenas percorreron a contorna da antiga mina de ferro da Silvarosa, aprenderon sobre xeoloxía e sobre o funcionamento da antiga mina, que estivo en funcionamento até 1966.
“Unha mostra máis do noso compromiso e aposta pola conservación deste patrimonio natural e histórico”, asegura Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable da área de medio ambiente. Colaboraron na actividade a Camara Mineira de Galicia, a Sociedade Xeolóxica Española e a Comunidade de Montes de Vieiro.