Uns 11 mozos participan no curso de monitor de tempo libre de Cervo

AMariñaXa
Caramés puxo en valor a iniciativa que ano tras ano está a ter unha gran acollida
curso-monitor-cervo
19 Ago 2024

O Concello de Cervo ten en marcha este verán un curso de monitor de tempo libre gratuíto que se enmarca no programa Avívate en Cervo VII, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos. A rexedora, Dolores García Caramés, compartiu un anaco cos 11 mozos que se inscribiron nesta edición, e coa súa monitora, Alicia, na Casa da Cultura, onde se desenvolven algunhas das actividades.

Caramés puxo en valor a iniciativa que ano tras ano está a ter unha gran acollida e que “contribúe a dotar aos participantes da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”. O temario do curso inclúe actividades de manualidades, globoflexia, todo tipo de xogos, baile, e formación relativa á planificación de diferentes iniciativas de tempo libre.

0.055402994155884