Unha vintena de persoas aprende a instalar placas de xeso laminado en Ribadeo
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acolle un curso de instalación de placas de xeso laminado, actividade formativa que conta con 25 participantes.
O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que se trata “dun curso de iniciación á colocación de placa de xeso laminado que imparte a empresa Placo, pertencente ao grupo Saint-Gobian, que é un referente a nivel nacional e internacional na fabricación de todo tipo de materiais de xeso laminado. Aquí está presentando novos produtos para o exterior de vivendas”.
O curso, que ten unha duración total de 15 horas de formación, empezou o martes e continúa ata este xoves. Conta con 25 participantes e “ademais das explicacións teóricas que lles están dando os asistentes tamén fan prácticas cos produtos desta empresa”.