Unha vintena de apicultores participaron no curso de raíñas de abella en Xove
Comezou en Xove o curso de “Cría de raíñas de abella autóctona”, incluído no programa de formación en apicultura promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Unha vintena de apicultores e apicultores participaron nas primeiras sesións do curso, impartido por persoal técnico da Casa do Mel de Goente, que se desenvolveron este sábado e domingo, cuns contidos centrados en métodos de selección e cría de raíñas de abella autóctona, que se encarga de impartir persoal técnico da Casa do Mel de Goente.
O curso continuará os días 16, 18 e 19 de xullo, nos mesmos horarios. O programa de formación en apicultura que está a desenvolver á área de Rural chega a Xove despois dos cursos desenvolvidos en Vilalba e o Valadouro nas últimas semanas e continuará con novas accións en vindeiras datas en Pantón, Muras, Cervo ou Mondoñedo.
En Pantón terá lugar o 13 de xullo na Comunidade de Montes de Ferroedo; en Muras será de iniciación á apicultura os días 20,21, 27 e 28 de xullo (9 a 14 horas) no Local Municipal de Carelle e sobre cría de raíñas con abella autóctona o 3, 4, 13, 15 e 16 de agosto (9 a 14 horas) no Local Municipal de Carelle
No caso de Cervo, será sobre formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina o 14 e 15 de setembro (de 9 a 14 horas) no Museo do Mar de San Cibrao. Tamén terá parada en Mondoñedo o 23 e 24 de setembro (de 9 a 14 horas) no IES San Rosendo. As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661 003 616.