Unha veciña de Cangas de Foz cumpriu 103 anos

Foz
AMariñaXa
Josefa Gil Villar naceu na parroquia de Cangas de Foz hai 103 anos, superou o século de vida en 3 anos máis
Josefa Gil Villar abril 2023   103 anos
29 Apr 2023

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, veñen de homenaxear cun agasallo floral á segunda veciña máis lonxeva da parroquia de Cangas e do concello de Foz, que cumpriu 103 anos.

Ana Rojo explica que “dona Josefa Gil Villar naceu na parroquia de Cangas hai 103 anos, superou o século de vida en 3 anos máis. Reside na mesma parroquia xunto a unha gran parte da súa familia, formada por catro fillos, e unha ampla prole de 9 netos e 10 bisnetos, que a miman e adoran como a matriarca que é deste nutrido e unido clan familiar. Dona Josefa é unha muller voluntariosa, lúcida e moi coqueta. Gran lectora, afección da que disfruta cada día. É moi traballadora e dedicou a súa vida a coidar ós seus fillos e netos e a traballar nas labores propias do agro, ademais dos coidados do fogar. Muller positiva, sempre disposta para todo nos comentaban os seus fillos: Pilar, Covita, Toñito e Balta. Ten unha memoria inusual para a súa idade, proba disto é que se lembra dos aniversarios de fillos, netos, bisnetos, noras e xenros, ós que felicita e chama persoalmente por teléfono”.

A concelleira de Servizos Sociais engade: “contar como anécdota que cando casou co seu marido, Toño, foron de lúa de mel a Viveiro e cando chegaron á Vila atopáronse con que había mercado; vendo o que podían gastar no disfrute do matrimonio acordaron mercar un porco para cebar para todo o ano e así o fixeron, gastaron os cartos no porco e viñéronse para Cangas. Tempos duros de épocas pasadas que os fan auténticos heroes que debemos homenaxear respectándoos e coidándoos. Estes feitos, a modo de anécdota, ensínannos e demostran cada día o espírito de sacrificio e de superación que tiñan, loitando por unha vida mellor. Por iso entendemos que a súa familia sexa unha piña entorno a ela, facéndoa partícipe de todas as actividades. Coñézoa dende a miña nenez e lémbroa sempre doce e alegre, cun sorriso na boca. A familia compartiu con nós (alcalde e concelleira) un anaco da súa torta de aniversario. Damos fe de que pasaron un día fermoso e inesquecible, non é para menos dada a celebración. Felicidades dona Josefa! Dende o cariño e o respecto que nos produce vela cada día tan positiva. Vamos a polos 104!”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19605803489685