Unha veciña da Pontenova cumpre cen anos

AMariñaXa
A pontenovesa Herminia Iravedra Iravedra cumpriu cen anos, e xa tivo oportunidade de celebralo este domingo acompañada da súa familia.
centaria a pontenova
13 sep 2021

A pontenovesa Herminia Iravedra Iravedra cumpre hoxe cen anos, e xa tivo oportunidade de celebralo este domingo acompañada da súa familia e xunto aos seus netos Tamara e Iván, na súa casa da parroquia de Acebro.

O alcalde da Pontenova, Darío Campos e a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Couto aproveitaron esta pequena celebración para felicitala e agasallala cun ramo de flores e unha tarta de cumpreanos, nesta data tan sinalada para Herminia.

a pontenova herminia iravedra 100 anos2
0.194669008255