Unha sesión en Ourol ensinará a usar os caixeiros con máis autonomía e seguridade

AMariñaXa
O Concello e Afundación impulsan unha actividade formativa o xoves 16 de abril no edificio multiusos para facilitar as operacións bancarias máis habituais
OUROL uso caixeiros
13 Apr 2026

O Concello de Ourol organizará o xoves 16 de abril unha sesión formativa centrada no uso dos caixeiros automáticos, cun enfoque práctico pensado para axudar á veciñanza a manexarse con máis soltura e confianza nas operacións bancarias do día a día.

A actividade, que se desenvolverá ás 11.00 horas no edificio multiusos municipal, realízase en colaboración con Afundación, a Obra Social de Abanca, dentro do seu Programa de Educación Financeira.

A proposta busca ensinar a empregar os caixeiros de forma fácil e segura para realizar xestións habituais en calquera momento. Durante a sesión tamén se ofrecerán recomendacións para mellorar a seguridade tanto no uso dos propios caixeiros como no manexo das tarxetas bancarias.

Con esta iniciativa, o Concello pretende achegar ferramentas útiles para fomentar a autonomía da cidadanía nun ámbito cada vez máis presente na vida cotiá, especialmente nun contexto no que moitas xestións bancarias dependen xa de medios dixitais ou de autoservizo.

As persoas interesadas en participar ou en obter máis información poden dirixirse ao departamento municipal de Servizos Sociais ou contactar nos teléfonos 982559109 e 677489457.

0.12932085990906