Unha profesora de piano burelesa, seleccionada para a Academia de Budapest
Andrea Vilar, ata agora profesora de piano da Escola de Música de Burela, foi seleccionada para formarse na Academia de Música de Budapest, “un dos centros mais prestixiosos, para o estudio do piano, do mundo”, segundo subliña Xan Carballal.
Para o director da Escola de Música de Burela “esta noticia ben confirmar o bo momento que vive o noso país, e en particular a Escola de Música de Burela, no que ao talento musical se refire”.
Andrea Vilar López. Pianista nada en Rábade, de 23 anos de idade.
Despois de rematar os seus estudos no Conservatorio Xoán Montes de Lugo, trasladouse a Barcelona para estudar o Superior de Interpretación Clásica e Contemporánea na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC), título que rematou no 2020 con Matrícula de honra. Despois diso, compaxinou un ano de perfeccionamento da man do profesor Kennedy Moretti en Madrid, co máster en investigación musical e coa docencia na Escola de Música de Burela.
Neste mes de setembro despois de ser seleccionada, continuará a súa formación na Franz Liszt Academy de Budapest baixo a tutela do pianista húngaro András Kemenes. Ademais dos estudos formais, nos últimos anos recibiu clases de profesores como Pierre Laurent Aimard, Eldar Nebolsin e Rita Wagner.