Unha nova persoa centenaria forma parte da poboación de Xove
AMariñaXa
Gloria Magide López, usuaria da residencia de maiores de San Bartolomeu de Xove vén de facer os 100 anos, converténdose en centenaria, motivo polo cal o alcalde, Demetrio Salgueiro, en representación do Concello, regaloulle un ramo de flores.
16 Out 2023

Gloria, que estivo acompañada por un dos seus fillos, o outro non puido vir dado que reside nas Canarias; é natural de Vilagocende, en A Fonsagrada, e viveu a maioría da súa vida en Lugo.
Desde o Concello deséxanlle que poida facer moitos máis anos en Xove, xa que goza dunha boa saúde, "un exemplo para todos".