Unha nova obra inédita de Álvaro Cunqueiro presentarase no Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo

AMariñaXa
O vindeiro sábado día 30 de marzo de 2024, presentarase unha nova obra inédita de Álvaro Cunqueiro, titulado “La Taberna de Galiana” un conxunto de relatos sobre tabernas recuperados por Ediciones 98.
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ÁLVARO CUNQUEIRO “LA TABERNA DE GALIANA”
24 Mar 2024

O vindeiro sábado día 30 de marzo de 2024, presentarase unha nova obra inédita de Álvaro Cunqueiro, titulado “La Taberna de Galiana” un conxunto de relatos sobre tabernas recuperados por Ediciones 98.

A presentación terá lugar no Real Seminario Conciliar Santa Catalina ás 19:30h e contará co editor da obra e director da editorial, Jesús Blázquez, co Alcalde de Mondoñedo e con Pedro Díaz, Cóengo da Catedral de Mondoñedo.

No eido literario cunqueiriano, Ediciones 98, está a traducir obras de Álvaro Cunqueiro ao castelán, achegando así a súa obra a un amplo e diverso público.

Encadrada nesta liña de traballo, sae á luz esta obra inédita de Cunqueiro, que Ediciones 98 titula “La Taberna de Galiana”.

A obra está editada, traducida y con epílogo de Jesús Blázquez González que será o encargado de presentar o libro ao público en Mondoñedo o vindeiro sábado 30.

0.19420289993286