Unha muller denuncia a desidia do Sergas tras unha intervención cirúrxica no 2016
Unha muller vén de denunciar os numerosos atrasos e a "desidia que está a amosar a administración sanitaria", tras unha intervención cirúrxica dun ombreiro á que foi sometida no ano 2016. "De dita operación a paciente quedou con secuelas importantes que dificultan a realización das tarefas propias do seu traballo e moitas actividades da vida diaria", di Montse Porteiro coordinadora da Plataforma Sanitaria. "A desidia e a falta de continuismo terapeútico do Sergas é de tal magnitude, que dous anos despois da intervención solicítanlle a máis que necesaria rehabilitación postcirúrxica, para a correcta recuperación da funcionalidade do ombreiro, pero esta non é administrada ata finais do 2020", engade.
Previamente e para recuperar o máximo posible, decidiu realizar o tratamento rehabilitador pola súa conta, máis cando solicitou o reembolso dos gastos ocasionados “o Sergas negouse alegando que non era unha necesidade urxente e tampouco quixeron facerme revisión postratamento”, relatou a muller.
Ao final, en decembro de 2020, tras catro anos da intervención, realizáronlle unha resonancia con contraste e , a data de hoxe, "aínda non foi citada polo servizo de traumatoloxía para coñecer os resultados, ao igual que tampouco foi vista polo especialista tras o tratamento de fisioterapia que recibiu", din dende o colectivo.
"A deixadez e inoperancia da xerencia é de tal calibre que a paciente non puido achegar a documentación que precisaba á administración para solicitar unha discapacidade polas lesións que lle quedaron, xa que pediu informes da súa intervención por todos os medios ao seu alcance, mesmo con escritos dirixidos á dirección do hospital da Mariña, sen obter resposta algunha", informou Porteiro.
Por iste motivo a muller contactou coa Plataforma Sanitaria, que lle redactou e rexistrou a reclamación o día 6 de maio de 2021 e sin que ata o momento tiveran a ben proporcionarle os informes aos que ten dereito e que a administración ten a obriga de proporcionarlle.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos á xerencia e ao Sergas que "cumpran coas súas obrigas e deixen de desprezar e maltratar aos pacientes, proporcionándolle os pertinentes informes e citándoa de inmediato para coñecer os resultados das probas e a situación na que se atopa. Cremos que despois de máis de catro anos desde a intervención ” vai sendo hora de que fagan o seu traballo e deixen de burlarse da xente tan descaradamente. Aquí non só se está a incumplir de xeito flagrante a lei de garantías sanitarias, senón que se está a vulnerar o principio de gratuidade da asistencia sanitaria pública, entre outros", conclúe Montse Porteiro.