Unha mostra sobre o centro Niemeyer estará na casa da cultura de Vegadeo

AMariñaXa
Unha mostra sobre o centro Niemeyer estará na casa da cultura de Vegadeo ata finais do mes de setembro. Será inaugurada o mércore s7.
centro niemeyer vegadeo Credit Turismo de Asturias 3 2048x854
6 sep 2022

Baixo o título Centro Niemeyer. Reflejos de Asturias móstrase un conxunto de fotografías e reproducións artísticas centradas no complexo cultural deseñado por Óscar Niemeyer.

A través delas percórrense os primeiros pasos das obras no ano 2007, o conxunto do proceso construtivo e o resultado final, mostrando ao Centro Niemeyer como obra de arte en si mesmo.

Poderase ver na casa de cultura de Vegadeo ubicada na rúa Alameda 12 e cuxa inauguración terá lugar o mércores 7 de setembro ás 19.00 horas. A mostra permanecerá exposta ata o día 30 do mesmo mes. Pero esta non será a última sede na que se poderá ver a mostra, xa que está concibida como itinerante e pretende chegar a diversos concellos asturianos ao longo dos próximos meses.

O seu obxectivo é achegar ao conxunto da cidadanía a historia e importancia do Centro Niemeyer non só en Asturias senón en España e Europa. Con este obxectivo en mente, a exposición profunda na cohesión territorial e faio a través da cultura, achegando aos asturianos unha produción cultural xerada en Avilés.

A exposición inclúe fotografías de Pablo Alonso, José Manuel Ballester, Manuel Carranza, Javier Granda, Ángela Ferreiro, Fernando Manso, Ramón Vaqueiro, Nardo Villaboy, ArteFoto, Concello de Avilés e Turismo de Asturias, ademais de reproducións artísticas de Samuel Armas e Itziar Sánchez Xurelo.

0.21039295196533