Unha limpeza de fondos mariños en Foz para concienciar á poboación

Foz
AMariñaXa
O sábado 12 se procedió a la limpeza de fondos marinos en Porto Chico de Foz, unha actividade de concienciación e sensibilización
limpeza ribeira foz
14 Jun 2021

O sábado 12 de xuño procedeuse á limpeza de fondos mariños en Porto Chico de Foz, unha actividade de concienciación e sensibilización ambiental dirixida a todos os públicos.

Esta actividade encádrase dentro do proxecto internacional de limpeza de fondos da Rede de Vixiantes Mariños e nela participaron 10 mergulladores para facer tarefas de limpeza, voluntarios para o apoio de terra, voluntarios para os protocolos de seguridade e embarcacións de apoio.

Despois da recollida de residuos mariños que se fixo fíxose unha pequena charla para informar da recolleita. "Hai contedores por todos os sitios, hai que facerlle entender á xente que é moi malo arroxar todas estas cousas ao mar ou polos portelos dos coches como as cabichas, que despois van ao chan e acaban no mar", dixeron desde a organización.

"Unha cabicha nun sumidoiro pode contaminar 50 litros de auga. Unha botella de plástico no mar pode durar 120 anos, unha cabicha uns 200 anos, unha roda 300 anos, a sedela de pesca ao redor de 600 anos", engadiron, "e o que soe pasar con todos estes residuos é que se desfán en microplásticos e estes quedan no mar e despois os peixes cómenos e nós a eles, e todo isto repercute na nosa alimentación".

limpeza ribeira foz2
limpeza ribeira foz 3
0.18124890327454