Unha aplicación permite anunciar os patrocinadores do CD Alfoz e informar das incorporacións e das melloras

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Sep 2019

A directiva do CD Alfoz seguimos traballando en período estival para incorporar novidades para a próxima tempada. Entre elas atopamos a utilización dunha aplicación para xestionar os socios e anunciar os patrocinadores, novas incorporacións á directiva do club, o torneo triangular dos Chóferes, os partidos de pretempada e as melloras no campo de xogo e instalacións. 

No mundo no que vivimos non podemos vivir alleos á realidade que nos rodea e as novas tecnoloxías están moi presentes nas nosas vidas. É por isto polo que este ano estreamos unha nova forma de facerse socia ou socio a través da aplicación de www.siguetuliga.com. Cubrindo os datos poderán renovar ou facerse socios dende a casa. A través desta aplicación tamén se visualizan os nosos patrocinadores tendo ata 3000 visitas mensuais. Ademais ao pinchar no seu logotipo accede á páxina web ou rede social da empresa. 

Para a directiva é unha honra que se sumen ao proxecto persoas como Ana Reigosa, que será a nosa nova secretaria. En canto ás modificacións de nomeamentos David Maseda pasa a ser o tesoureiro, Borja Vizoso o Vicepresidente e o resto do mesmo xeito, seguindo de presidente Jacobo Rivas. 

O equipo estará adestrado por Suso Martínez, que será quen elixa as fichas dos xogadores que disputarán esta tempada. A Copa Deputación tócanos xogala en Outeiro de Rei contra o AD Matela, o vindeiro 7 de setembro. Pouco despois, o 14 de setembro, comezamos a liga contra CD San Ciprián exercendo de visitantes. 

Dende o remate da copa a directiva estiveron traballando en mellorar o equipo e as instalacións de cara a estes eventos. Entre os melloramentos que se fixeron cabe resaltar o saneamento do campo de xogo, asumindo os coidados que precisa. Así como a elaboración do mobiliario do vestiario local, sendo esta unha forma de personalizar a importancia que teñen os xogadores e asociados para a entidade.

0.15214204788208