Un Zifio de Cuvier apareceu sen vida no Ollo do mar de Foz

Foz
AMariñaXa
Hoxe pola tarde apareceu sen vida un Zifio de Cuvier, un cetáceo, na zona coñecida como Ollo de Mar do Concello de Foz.
Zifio de Cuvier foz ollo do mar morto 3
2 Feb 2022

Hoxe pola tarde apareceu sen vida un Zifio de Cuvier na zona coñecida como Ollo do Mar do Concello de Foz. Unha embarcación de Salvamento Marítimo aachegouno ao porto para a súa recollida e autopsia e así averiguar as causas do seu falecemento.

O zifio de Cuvier é unha especie de cetáceo odontoceto que pode acadar 6,7 m e as femias máis de 7 m e o seu peso pode chegar aos 5.000-6.000 kg.

A etimoloxía vén do grego xiphos (espada), e por iso, literalmente zifio significa balea con nariz de espada e caracterízanse pola presenza dun fuciño pronunciado.

Ten unha ampla distribución a través dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico e a súa presenza en augas próximas a Galicia é pouco frecuente.

En 2008 a UICN catalogou o estado do zifio de Cuvier na súa Lista vermella como puco preocupante (LC). Aínda que non se dispón de estimacións globais sobre a poboación total deste cetáceo, considérase que non é inferior aos 100 000 individuos.

0.21478080749512