Un traballo de fin de grao sobre unha liña eléctrica áerea de Viveiro chega á biblioteca
O Concello de Viveiro quere agradecer publicamente a Mario Santa Cruz Hernando pola doazón dun exemplar do seu Traballo de Fin de Grado, titulado Proyecto de una línea eléctrica aérea de 45 kV en Viveiro (Lugo).
Mario Santa Cruz Hernando estudou o Grado en Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía, na Universidade Politécnica de Madrid.
Segundo o autor explica no propio resumo do proxecto, este consiste no trazado e cálculo dunha liña eléctrica aérea de 45 kV con capacidade para suministrar 15 MVA e dar servizo a unha empresa de elaboración de peixe e produtos de pesca. A liña discorrre dende a subestación de Magazos, propiedade de Viesgo, ata o Polígono Industrial de Landrove.
No proxecto descríbense todos os aspectos necesarios para a construción da liña, os cruzamentos, a relación dos apoios, os cálculos eléctricos da liña aérea, o cálculo mecánico dos condutores, os apoios, as cadeas illadoras e o cálculo das cimentacions. Inclúese tamén o estado económico co presuposto necesario para a realización do proxecto, un cronograma, un prego de condicións tipo para a súa execución e un documento con anexos.
Mario Santa Cruz Hernando ten vínculos familiares con Viveiro, a onde adoita vir dende pequeno. O exemplar doado será depositado na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro.