Un traballador de Vestas pedaleará ata Dinamarca a entregar unha carta aos directivos
O domingo día 3 de outubro comeza un dos maiores retos da Mariña lucense, no que o traballador de Vestas, Alejandro Paleo, percorrerá en bicicleta a distancia que separa Vestas Viveiro e a sede central da compañía en Dinamarca.
Así, o ciclista fará máis de 2.800 quilómetros de percorrido en diferentes etapas cunha cunha duración total estimada de 15 días.
Esta fazaña culminará coa entrega dunha carta en man dirixida aos directivos de Vestas en Dinamarca para que non se peche a planta situada en Viveiro como foi anunciado hai apenas unha semana
O reto poderase seguir en directo a través das principais redes sociais que serán publicadas en próximos días.
Paleo, nado en Viveiro, é un ciclista profesional galego e como afeccionado, gañou a Volta á Coruña de 2007. Debutou como profesional co equipo Xacobeo Galicia en 2008. E para a tempada ciclista de 2010 volveu pasar á categoría afeccionado no equipo Cidade de Lugo.