Un total de 24 areais en 13 concellos lucenses forman parte da Rede Galega de Praias sen Fume

TerraChaXa | AMariñaXa
A Rede Galega de Praias se Fume, que promove a Consellería de Sanidade, suma este ano oito areais en Barreiros e Cervo e un novo concello, o de Chantada coa praia fluvial do encoro de Sangoñedo.
1 Xul 2019

A Rede Galega de Praias se Fume, que promove a Consellería de Sanidade, suma este ano oito areais en Barreiros e Cervo e un novo concello, o de Chantada coa praia fluvial do encoro de Sangoñedo. Con estas incorporacións, son xa 24 zonas de baño e 13 concellos os adheridos a este programa.
Esta iniciativa está a ter unha boa acollida e axuda a reducir o consumo de tabaco nas praias marítimas e fluviais, “unha medida que é dobremente saudable, para os usuarios e para o medio ambiente,  porque axuda a manter máis limpos os areais.
Trátase dunha campaña de concienciación e de promoción da saúde, para ir desnormalizando o consumo de tabaco, que en ningún caso é coercitiva nin ten fins recadatorios.
As praias de Barreiros que se adhiren na presente campaña son as de Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Valea, Acantilado-Remior, San Bartolo e Altar; con anterioridade xa formaba parte da rede a de Coto. En Cervo súmase a de Cubelas e xa estaba a de O Torno.
Os demais areais da rede son os de Xilloi, Abrela, Caolín e Vidreiro no Vicedo; Esteiro en  Ribadeo, A Rapadoira en Foz, e Esteiro en Xove. Entre as praias fluviais súmase a de Chantada á lista que integraban a de Santa Isabel en Outeiro de Rei, a do Clube de Begonte no río Ladra, A Cova no Saviñao, a do río Azúmara en Castro de Rei, a de Xustás en Cospeito, e o Coto da Recadeira en Mondoñedo.
Ademais certificaronse a calidade das augas das praias da Mariña, outorgando a cualificación de excelente á práctica totalidade dos areais. Analizaron as augas de 45 praias marítimas nos oito concellos costeiros da provincia e os resultados foron moi positivos, xa que todas son perfectamente aptas para o baño e de feito practicamente todas foron cualificadas de excelentes. 

0.11936688423157