Un obradoiro de cartón fará as delicias dos cativos este sábado en Burela

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 sep 2019

A Biblioteca Pública Municipal de Burela e a delegación municipal de Cultura presentan o Obradoiro  de Cartón, o sábado, 28 de setembro ás 11.30 horas na Casa da Cultura. Un obradoiro creativo para nenos e nenas de seis anos en diante, onde porán construir personaxes, escenografías, obxectos e calquera outra cousa que che dea o maxín a partir do cartón dunha caixa de zapatos.

Os asistentes só precisan un marcador, tesouras, cinta de papel e un para de instruccións para darlle corpo as túas ideas.

Mircromina Teatro de Títeres, será o encargado desta actividade creativa, dende o 2010 levan representando infinidade de funcións por centros de ensino, auditorios, teatros e espazos non convencionais. Combinan as obras de títeres cos contos e manipulación de obxectos co obxetivo de reforzar a mensaxe e facilitar a súa comprensión. 

Este obradoiro está dentro do programa Ler conta moito, de dinamización da lectura nas bibliotecas pùblicas de Galicia promovido pola Dirección Xeral de Politicas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas de Galicia, en colaboración coas entidades locais. 

0.19020295143127