Un novo mural enche de arte e cor a rúa Nosa Señora do Carme en Burela

AMariñaXa
A obra, realizada en colaboración co Concello, terá elementos metálicos creados polo IES Perdouro
Burela-Ies-monte-castelo-mural-alumnos
10 Mar 2025

Nos últimos días, a rúa Nosa Señora do Carme de Burela gañou unha nova obra de arte grazas ao traballo do alumnado de Bacharelato de Artes. Este mural, que enriquece o espazo urbano cunha temática centrada na saúde, foi posible grazas á colaboración entre a Área de Educación do Concello e os centros educativos do municipio.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Mocidade, Mario Pillado, quixo destacar o esforzo e a creatividade do estudantado e do departamento de Artes, agradecendo a súa implicación no proxecto. “Para nós é unha obriga traballar da man da comunidade educativa, pero tamén un orgullo e un privilexio, porque nos permite obter resultados tan bos coma este”, afirmou.

A obra non está aínda totalmente finalizada, xa que está previsto que o IES Perdouro complemente o mural cunha serie de pezas metálicas deseñadas e fabricadas polo seu propio alumnado. Con esta intervención, o proxecto non só embelece a vila, senón que tamén serve como exemplo da colaboración entre administración e ensino para fomentar a creatividade e a expresión artística na mocidade.

⚙ Configurar cookies
0.1584689617157