Un novo documental porá en valor o patrimonio subacuático da ría de Ribadeo
AMariñaXa
A Xunta apoiará novamente ao proxecto Argos co desenvolvemento da súa segunda parte coa Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha.
5 Apr 2021
A Xunta de Galicia apoiará novamente ao proxecto Argos co desenvolvemento da súa segunda parte da man dos seus arqueólogos e da Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha.
O proxecto Argos 2 realizará un novo documental para poñer en valor o patrimonio subacuático da ría de Ribadeo. A primeira edición do proxecto permitiu exhibir o documental Lo que la ría esconde.
Dentro deste proxecto tamén se realizará unha exposición fotográfica itinerante e un libro-documental sobre o que gardan as augas da ría.