Un mestre xubilado, estudoso local, lerá o pregón da Festa da Faba

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Sep 2019

O mestre xubilado e estudoso da historia local Manuel Román Ramos será o pregoeiro da XXIX Festa da Faba de Lourenzá.

O 5 de outubro, sábado, ás 12 do mediodía Manuel Román Ramos, coñecido popularmente en Lourenzá como Manolo de Cartas, será o encargado de ler o pregón da XXIX Festa da Faba.

Manuel Román, mestre xubilado, é un estudoso da historia do seu concello. No ano 2001 publicou un libro homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Vivir unha vida, e anos máis tarde unha reedición ampliada titulada Lume aceso. Ten numerosos estudos publicados e inéditos sobre a orixe do mosteiro de San Salvador, a figura do Conde Santo, a toponimia e o nacemento do concello de Lourenzá. É un asiduo colaborador e relator nas xornadas de historia local que organiza cada ano o Concello.

O concelleiro de cultura, Manuel Arango, destacou que “é un luxo que Manuel Román aceptara ser o pregoeiro nesta edición da Festa da Faba”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16155314445496