Un matrimonio de Cervo festexa 80 anos de matrimonio
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, achegouse ata a parroquia de Castelo, para felicitar a José López e María Herminia Crego, polo seu 80 aniversario de vodas.
José, de 98 anos e que cumplirá os 99 este mesmo mes de abril, e María Herminia, de 96, conforman, desde logo, o matrimonio máis lonxevo do Concello.
Tal e como precisou Villares foi un auténtico privilexio poder compartir uns intres nesta data tan especial con esta parella que casou un 12 de abril do ano 1941 e que desprenden unha enerxía e un positivismo que contaxian ao recordar centos de anécdotas vividas cunha memoria envexable.
O rexedor, levoulles unha planta de agasallo polo aniversario e desexoulles que sigan compartindo moitas experiencias de vida con esa saúde da que gozan a día de hoxe.