Un grupo de 44 mulleres de Ribadeo gozaron dunha experiencia no Balneario de Guitiriz
AMariñaXa
Nunha viaxe organizada pola Concellaría de Igualdade
29 Out 2024
Un grupo de 44 mulleres de Ribadeo participaron este domingo na viaxe ao Balneario de Guitiriz, que foi organizada pola Concellaría de Igualdade.
A edil Begoña Sanjurjo explicou que foi "unha xornada de convivencia e desconexión do mundanal ruído". E contou: "A meteoroloxía deixounos desfrutar da contorna do balneario e da área recreativa da Carballeira en Parga, onde comemos".
A concelleira de Igualdade dixo que foi unha experiencia que lles deixou gañas de repetir.