Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Ralentízase o descensos de casos activos de covid na provincia debido á caída das altas tras certificar unha nova defunción e unha presión hospitalizaria que aínda non mellora.
Así, hai 510 casos activos, 15 menos que onte, cun rexistro de 22 novos positivos e 36 altas. Onte houbo un descenso de 47 casos activos, con 26 novos enfermos e 69 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.770 casos rexistrados e 246 persoas falecidas, 29 nesta quinta vaga. É unha máis que onte, unha muller de 94 anos que faleceu no Hula.
A presión hospitalaria mantense. Hai 19 persoas ingresadas en tres hospitais (1 menos). Na UCI do Hula hai un paciente máis e xa son 4, e nas diferentes plantas son 15 os enfermos (2 menos); 8 están no de Lugo (3 menos), 1 na Mariña e 6 en Monforte (1 máis).
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
-
- En alerta máxima: Ningún.
- En alerta alta: Monforte.
- No nivel medio: Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
Dende o sábado só Monforte permanecerá en alerta e con restricións en Galicia, pero no nivel medio.
POR COMARCAS
O gromo de Foz impide deixar a toda a provincia en cifras de crecemento negativo, xa que siguen sumándose concellos limpos de covid.
A Mariña
- A Pontenova leva quince días sen contaxios.
- Alfoz, por debaixo de 10.
- Barreiros volve sumar algún caso tras quince días limpo.
- Burela leva unha semana sen casos.
- Cervo son quince días sen contaxios.
- Foz suma de súpeto 16 casos por un gromo.
- Lourenzá, por debaixo de 10.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro, unha semana limpo de covid.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos durante quince días.
- Ribadeo, por debaixo de 10 casos.
- Riotorto, sen casos en quince días.
- Trabada sen casos en quince días.
- Viveiro, por debaixo de 10.
- Xove, sen casos máis de quince días.
Terra Chá
- A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
- Abadín está sen casos dende hai unha semana.
- As Pontes, quince días sen casos novos.
- Begonte, quince días sen contaxios.
- Castro de Rei volve ter algún caso.
- Cospeito, por debaixo de 10 casos.
- Friol leva quince días sen contaxios.
- Guitiriz, sen casos en quince días.
- Meira sen casos tamén en quince días.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei, sen contaxios nunha semana.
- Pol, por debaixo de 10 casos.
- Rábade, por debaixo de 10 casos.
- Vilalba, unha semana sen casos.
- Xermade, unha semana sen contaxios.
Comarca de Sarria
- Láncara xa leva unha semana sen contaxios.
- O Incio, por debaixo de 10.
- O Páramo leva xa quince días sen casos.
- Paradela leva unha semana sen casos.
- Samos xa leva quince días sen contaxios.
- Sarria sobe de novo a 23 (2 máis).
- Triacastela, quince días sen casos novos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo de 10.
- Antas de Ulla continúa con 12 contaxios.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla unha semana limpo.
- Baleira leva sen casos quince días.
- Becerreá, por debaixo de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes xa leva quince días sen casos.
- Guntín, unha semana sen casos.
- Lugo baixa ata 106, 18 menos.
- Monterroso, por debaixo de 10.
- Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo leva quince días sen casos.
- Palas de Rei reduce a 14 casos (2 menos).
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, por debaixo de 10.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón xa está por debaixo de 10 casos.
- Bóveda leva xa quince días sen casos.
- Carballedo, por debaixo de 10 casos.
- Chantada xa está por debaixo de 10.
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte reduce novamente contaxios. Son 129, 6 menos.
- O Saviñao xa está por debaixo de 10.
- Pantón xa leva unha semana sen contaxios.
- Quiroga xa está por debaixo de 10.
- Ribas de Sil xa leva unha semana sen casos.
- Sober, por debaixo de 10.
- Taboada reduce a 10 (1 menos).
AS RESTRICIÓNS
O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.
As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.
Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.
Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.
A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.
Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.
Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.
NOVAS AMPLIACIÓNS
Sanidade avanzou que a hostalaría verá ampliada a capacidade de atender en cada unha das súas mesas, de maneira que se poderán xuntar grupos de ata oito persoas en interiores e de 15 en exteriores, fronte ás seis e dez actuais.
Tamén eliminan a limitación de circulación nocurna ás 3 a madrugada.