Un feudo socialista na Pontenova
Campos afronta as eleccións coa seguridade de ter a tarefa feita e na procura de revalidar a Alcaldía
O socialista, Darío Campos, volve presentarse aos comicios con ilusión e con algún cambio na súa lista para seguir aumentando a maioría dos concelleiros, como leva facendo desde as súas primeiras eleccións no 2007. Os populares mudaron de cabeza de lista e nesta ocasión estarán representados pola veciña pontenovesa Concepción Novo. Á oposición súmase Xurxo Gómez Rico, quen foi número dous na lista do 2019 polo BNG.
PSOE. O PSOE volve confiar en Darío Campos, actual rexedor pontenovés para as eleccións. Campos é veterinario de profesión e nas eleccións municipais de 2007 encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Obtivo sucesivas maiorías absolutas en 2011, 2015 e 2019.
Tamén no 2015 foi elixido como presidente da Deputación de Lugo polo que coñece en primeira persoa os traballos e requisitos para as administracións.
Entre algúns dos seus proxectos nesta lexislatura están a proxección e licitación da residencia de maiores, a tirolina que une a mina Consuelo e o forno Boulloso ou o proxecto de rehabilitación da Ferrería de Bogo.
Para estes comicios presenta unha candidatura case idéntica a do 2019, pois Campos di que “a ilusión coa que traballamos sempre é para mellorar a vida dos veciños”.
PP. Concepción Novo Mourelle é a nova candidata do PP da Pontenova para recuperar a Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Novo, natural da Pontenova é técnica de raios de profesión e está vinculada á formación popular desde hai moitos anos.
Pola súa banda, Novo trasladou os seus agradecementos á dirección provincial do partido pola confianza e sinalou que “temos moita ilusión por ver mellorar o noso pobo e os servizos aos nosos veciños” e, nesa liña, “queremos ilusionar a máis xente. Queremos contar con todos e traballar desde o respecto e a responsabilidade”. Neste sentido, a candidata asume o cargo adiantando que “imos abrir o partido porque todos facemos falta” e aposta por desenvolver certos sectores como a industria e o comercio “nos que antes era referencia o noso concello”.
BNG. A asemblea local do BNG na Pontenova decidiu propoñer como cabeza de lista da candidatura para as eleccións municipais a Xorxe Gómez Rico, que rexenta un negocio de perruquería na localidade.
Xorxe Gómez, que foi segundo na lista nos anteriores comicios, concorrerá arroupado por unha candidatura formada por xente moza, xente das parroquias e da vila, e cun programa no que se contemplan unha serie de medidas para darlle máis dinamismo e vitalidade ao concello facilitando o establecemento de empresas para contribuír ao desenvolvemento económico local e axudar á xente que quere emprender un negocio.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PSOE
1. Darío Campos Conde
2. Isabel Couto González
3. Francisco Martínez Bermúdez
4. Manuel Alonso Lopez
5. Francisco Javier Rois Freijo
6. Jesus Cabodevila Fernandez
7. María José Canto Seijo
8. Ana Belén Quintela López
9. José María Fernández Navais
10. Eliseo Villarino Méndez
11. Justo Maseda Fernández
Suplentes:
1. José Ramón Uria Alonso
2. David García Miranda
3. Carlos Traviesas Sampedro
BNG
1. Xorxe Gómez Rico
2. Carmen Otero Ruíz
3. Marina Fátima Fernández López
4. Jorge Macía González
5. Tania Pardo Santos
6. Borja Rodríguez Aguirre
7. Pablo Méndez Díaz
8. José Luís Gutiérrez Rivas
9. José Antonio González Rego
10. Manuel Rodríguez Ménde
11. José Pedro Reigada Peña
Suplentes:
1. Antonio Díaz Lombardía
PP
1. Concepción Novo Mourelle
2. Sonia Fernández Vidal
3. Eleuterio Labandera Rodríguez
4. Carmen Carbo Fernández
5. Mónica Uria Suárez
6. Raúl Vigil García
7. Pablo Cabana Novo
8. Abel Enríquez Alonso
9. José María García Fernández
10. Concepción García Rodil
11. Antonio Ginzo Bouza