Un dos veciños máis veteranos de Alfoz, César Díaz, cumpre 102 anos

AMariñaXa
Un dos veciños máis veteranos do concello de Alfoz, César Díaz Colmenares, celebrou o seu 102 aniversario en Carballido, ata onde se achegou a alcaldesa
vecino-alfoz-cesar-diaz
César Díaz, xunto coa alcaldesa de Alfoz
17 Maio 2024

Un dos veciños máis veteranos do concello de Alfoz, César Díaz Colmenares, celebrou o seu 102 aniversario en Carballido. Con motivo desta celebración, acercouse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, como representante do Concello, para agasallalo cunha cesta de diferentes produtos e flores.

A alcaldesa afirma que “dá gusto ver a veciños con tanta experiencia e gozando de boa saúde”. Dende o Concello de Alfoz, deséxanlle que goce dun moi feliz aniversario.

0.08699893951416