Un dos premios dos Días Azuis do Comercio Galego tocou en Foz
Un dos premios dos Días Azuis do Comercio Galego tocou en Foz. A afortunada foi Delia Lorenzo, que recibiu a súa tarxeta regalo por valor de 250 euros en Mercería Vera da man de Laura Fanjul. Na entrega do premio participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.
AciaFozCCA sumouse unha vez máis á campaña Días Azuis da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia, na que se puxeron en xogo 12.000 euros en premios repartidos en 24 tarxetas de 250 euros e en 40 de 150 euros cada unha, que deberán ser empregadas para volver mercar nos establecementos tradicionais galegos. A campaña dos Días Azuis tivo lugar entre o 5 e 25 de xuño e o sorteo realizouse ante notario o 29 de xuño.