Un derrube nun talude na estrada que une Domecelle e o Rego da Ponte, en Ourol, obriga a desviar os vehículos pesados
AMariñaXa
Desde o Concello de Ourol veñen de informar que houbo un derrube nun talude no tramo da estrada municipal que une Domecelle e o Rego da Ponte.
28 Dec 2022
Desde o Concello de Ourol veñen de informar que houbo un derrube nun talude no tramo da estrada municipal que une Domecelle e o Rego da Ponte.
Debido a esta situación non será posible a circulación de vehículos pesados como son camións, plataformas de madeira, etc. dado o estado no que se atopa a vía. Dita restricción de circulación de vehículos pesados manterase así ata que se produza o arranxo dese tramo de vía.
O tramo do sinistro abarca desde o cruce do acceso a Domecelle ata o núcleo de Rego da Ponte, na parroquia de Bravos.