Un barreirense foi o gañador do VIII Concurso de Cartas de Amor de Terra Branca
Un barreirense de 29 anos Alin Cristian López Esteban é o gañador do 8º Concurso de Cartas de Amor, que convocou a galería ribadense Terra Branca con motivo da celebración do Día de San Valentín.
A carta titúlase Sinceridade e o seu autor é membro da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.
José Ramón Leal, propietario de Terra Branca e membro do xurado, destacou que “neste 2022 recibimos case 60 cartas chegadas desde diferentes puntos de España. Encantounos a carta de Alin Cristian López Esteban, por iso é polo que fose o gañador da oitava edición do concurso. Gustaríanos resaltar o labor de visibilidade e integración que fai a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña con todos os seus membros”.
O premio, unha figura do ceramista vivairense Alfonso Otero Regal, seralle entregado nos próximos días.
O xurado, formado pola artista Mariángel Leal, a fotógrafa Isabel Buján e polo director de Terra Branca, José Ramón Leal, quixo subliñar “a calidade de todas as cartas que recibimos neste 2022, do mesmo xeito que nas edicións pasadas. Agradecemos a todas e todos a súa participación e animámolos a seguir escribindo ao amor no noso próximo concurso, que será o ano que vén”.