Un ano máis o Concello de Alfoz organiza actividades de Ludiverán
Un ano máis o Concello de Alfoz organiza actividades para nenas e nenos nados entre 2010 e 2019, desde o 4 de xullo ata o 26 de agosto.
Serán deporte, xogos, experimentos, medio ambiente, piscina, ... sempre para fomentar a igualdade repartidos en 4 quendas das que podes elexir unha, varias ou todas para asitir en horario de luns a venres laborables de 10.00 a 13.00 horas ao CEIP Castro de Ouro.
Serán actividades de balde subvencionadas polo propio de Concello de Alfoz e pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade e a Unión Europea.
Primeiro haberá unha reunión informativa o vindeiro 15 de xuño ás 20.00 horas no salón de actos de cultura. E as inscricións poderán facerse do 17 ao 14 de xuño.
Para máis información pódense consultar as bases de participación publicadas en www.concellodealfoz.com e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica. M