Un ano máis, chega o tradicional belén Viveiro ante o Berce

TerraChaXa | AMariñaXa
Un ano máis chega o tradicional belén Viveiro ante o Berce, que estará situado no atrio da Igrexa de Santa María
xuvenil
26 Nov 2020

O Concello de Viveiro organiza, un ano máis, o tradicional belén “Viveiro ante o berce” no atrio da Igrexa de Santa María. Este belén está considerado como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único. O belén poderá visitarse a partir da primeira semana de decembro.

Polo tanto, o belén "Viveiro ante o Berce" pode considerarse como un dos referentes do Nadal galego e constitúe un importante reclamo turístico e cultural para o municipio. A súa relevancia atrae a unha gran cantidade de visitantes, o que supón un impulso económico destacable para a economía local.

O goberno municipal entendeu dende un primeiro momento que a organización do belén neste 2020 era, se cabe, máis importante que nunca. A pandemia, así como as medidas e restricións derivadas da mesma, están afectando á economía, polo que esta iniciativa era clave para paliar os efectos do contexto sanitario.

Este factor dinamizador da economía local determinou, xa dende hai algúns anos, que o Concello de Viveiro decidise adiantar a inauguración do belén á primeira semana do mes de decembro. Polo tanto, ampliouse o período de apertura ao público, que se prolonga ata despois da festividade de Reis. Dita modificación tivo unha boa acollida xa que, segundo manifestan o comercio e a hostalaría local, inflúe positivamente na afluencia de veciños e visitantes.

Cómpre destacar que o Concello de Viveiro organiza o belén “Viveiro ante o Berce” en colaboración coa Deputación de Lugo, que financia integramente a súa montaxe, responsabilidade da Asociación Amigos do Casco Vello.

Por último, o Concello de Viveiro anunciará en breve a programación cultural na que traballa de cara á celebración do Nadal. Segundo o equipo de goberno, tratarase dun conxunto de actividades nas que se tiveron en conta as restricións impostas pola COVID-19, procurando ofertar alternativas que sirvan para potenciar o municipio e compensar o peche que está a afectar á hostalería.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18749189376831