Un alumno do IES Perdouro viaxará a China para representar a España na Olimpíada Internacional de Xeoloxía

AMariñaXa
Hugo Gorgojo Basanta, natural de Burela, forma parte do equipo estatal tras acadar un dos catro mellores postos na fase nacional celebrada en Lleida
Hugo-Gorgojo-preselccione-Ies-Perdouro-2025
8 Apr 2025

O estudante burelao Hugo Gorgojo Basanta, alumno do IES Perdouro, converterase este verán nun dos embaixadores da xeoloxía española na Olimpíada Internacional de Xeoloxía, que terá lugar en Ji’ning (China) entre o 7 e o 17 de agosto.

O mozo acadou a súa clasificación tras situarse entre os catro primeiros postos na fase final da olimpíada estatal, celebrada esta fin de semana en Tremp (Lleida), demostrando o seu talento e coñecementos nunha disciplina que combina ciencia, investigación e paixón pola Terra.

Xunto a el, completan o equipo español Santiago Otero, do colexio Peleteiro de Santiago de Compostela; Samuel Martín, de Salamanca; e Fernando Juez, de Badaxoz.

Desde a comunidade educativa do centro burelao celebraron con orgullo a nova, destacando o traballo e dedicación de Hugo ao longo do curso. A súa participación nesta prestixiosa cita internacional sitúa de novo ao IES Perdouro e ao ensino público galego no mapa da excelencia académica.

⚙ Configurar cookies
0.14111518859863