Un alud de terra inutiliza o acceso á praia de San Bartolo

TerraChaXa | AMariñaXa
Un alud de terra inutiliza o acceso á praia de San Bartolo. Caeu parte do muro xunto ao paseo marítimo aínda que este non se viu afectado
4 Xan 2021

Segundo as primeiras investigacións, as fortes choivas destes días foron as causantes do desprendemento que se produciu no acceso á praia de San Bartolo, no Concello de Barreiros, sobre cuxa escalinata caeu parte do muro xunto ao paseo marítimo aínda que este non se viu afectado.

Foron terra e algunhas pedras os que se preciptaron sobre as escaleiras de acceso, polo que a primeira medida foi o valado da zona para evitar accidentes.

Polo de pronto, este desprendemento, que non causou vítimas, súmase a outros derrubes anteriores. O Concello, pola súa banda, que notificou o suceso aos responsables de Costas, esperará o seu informe para valorar a situación aínda que non se prevén máis problemas de avalanchas e que o paseo non corre perigo.

0.045953989028931