Últimos días para solicitar postos no Mercado de Primavera do Valadouro

AMariñaXa
O sábado 25 de marzo o Concello de Valadouro acollerá, como é tradición, o seu XVII Mercado Tradicional Anual de Primavera
1 Mercado primavera valadouro 2023
13 Mar 2023

Desde a Concellería de Cultura do Valadouro informan de que o prazo de inscrición de postos para participar no Mercado de Primavera remata o próximo 15 de marzo.

As bases que rexen a participación no devandito mercado están a disposición de todos interesados na web do Concello do Valadouro e na sede electrónica. Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 982 571 516 en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00.

Recoméndase que tanto os distintos postos (propios ou facilitados polo Concello) como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.

Os homes acudiran ao evento con pantalón de pana, camisa de cadros e chaleque ou camisa lisa e as mulleres farano con saia media longa, escura e blusa con toquilla.

A celebración do XVII Mercado de Primavera será o sábado 25 de marzo desde as 10.00 horas e ata as 19.00 horas no aparcadoiro do parque Concepción Arenal, Andrés López, Palmeiro, praza de Santa María, Severino Cociña, avenida de Viveiro, Xistral, José Antonio Ferreiro González, e o aparcadoiro municipal da rúa Xistral.

Mercado primavera valadouro 2023
0.17488694190979