Últimas prazas para o curso do sector naval que imparte Apaga
Apaga vai impartir en abril en Ribadeo un curso de interpretación de planos no sector naval. Poderán asistir quince persoas e o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro luns, 29 de marzo. Desde a organización sinalan que “unha vez superado o curso os asistentes poderán optar a postos de traballo que ofrecen as empresas navais tanto en Asturias como en Galicia”.
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia é a organizadora do curso, que conta coa colaboración do estaleiro asturiano Astilleros Gondán.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, Doural subliñou que “comezamos a nova oferta formativa en abril coa celebración deste curso de interpretación de planos no sector naval. A súa duración será de trinta horas. Hai unha limitación de prazas a quince candidatos. Vai ser impartido por un técnico de acreditado prestixio neste tipo de construcións. O prazo de solicitudes remata o 29 de marzo. Hai un correo electrónico para contactar con nós que é apagaribadeo@gmail.com e os números de teléfono 639 88 49 45 e 629 096 711. Ademais na nosa páxina web, www.apaga.es, en solicitude de cursos, hai un formulario que se cubre e desde aí pódese enviar”.
Doural engadiu que “este é o comezo deste tipo de accións que van dirixidas ao sector naval. Neste momento o sector ten unha puxanza importante na zona, pero con esta iniciativa ven reforzar e cubrir un pouco as necesidades de formación que ten. Consideramos que era a nosa obrigación, como asociación sen ánimo de lucro, reforzar este tipo de sectores que están en puxanza, aos que a pandemia non lles afectou moito e aí están”.
O presidente de Apaga animou “a asistir a este curso para o que contamos coa colaboración de Astilleros Gondán. Aínda quedan algunhas prazas libres. As persoas interesadas poden anotarse ata o vindeiro luns”.