Última visita guiada polos cruceiros do Concello de Alfoz

AMariñaXa
O sábado 27 de novembro, ás 16.00 horas levarase a cabo a última visita guiada de arte de historia deste ano, II parte de Cruceiros de Alfoz.
visita guiada alfoz 2
26 Nov 2021

O sábado 27 de novembro, ás 16.00 horas levarase a cabo a última visita guiada de arte de historia deste ano, II parte de Cruceiros de Alfoz.

A saída será en bus dende a Casa do Concello para coñecer máis cruceiros do municipio. As persoas interesadas poden chamar para anotarse ao teléfono 982 558 001 (ext. 3).

A actividade, que é gratuita, terá unha duración de 2 horas aproximadamente. Mario Saavedra, autor do libro Cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz, o cal ademais entregarase como agasallo aos participantes.

Está visita incluida dentro do Plan Único da Deputación de Lugo, na Área de Turismo co fin de poñer en valor o rico patrimonio artístico de Alfoz a través deste tipo de iniciativa que se leva a cabo por segundo ano e que en 2021 consta de 4 visitas guiadas.

0.13187193870544