Última reunións veciñal para o Orzamento 2023 do Concello de Alfoz
O Concello de Alfoz segue coas reunións polas parroquias para que os veciños e veciñas fagan as súas suxerencias cara ao Orzamento Municipal de 2023.
Esta será a derradeira xuntaza e celebrarase o 16 de decembro ás 20.00 horas no salón de actos da casa da cultura e será coas parroquias de Mor, O Castro e Reirado e coas asociacións e clubs do municipio.
Con esta xuntaza remátase a rolda de xuntanzas iniciadas en outubro coa veciñanza de todas as parroquias co obxectivo principal de escoitar as súas ideas, suxerencias e demandas para mellorar o concello e incorporalas, na medida do posible, nos orzamentos do ano que ven.
Ata o de agora hai que destacar unha ampla participación e, polo tanto, aportacións de distinta índole para realizar nun futuro próximo.