Trinta e cinco negocios participarán no Comercio na Rúa de Foz

Foz
AMariñaXa
AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz
presentacion-Comercio-na-Rua-Foz
22 Xul 2024

Trinta e cinco negocios participarán os días 24, 26 e 27 de xullo na nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. A campaña foi presentada polo presidencia do colectivo empresarial, José Carlos Paleo, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro. Durante esas xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.

Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería Bahía.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a aproveitar esta campaña. “É unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o verán e para a volta o cole a moi bos prezos. Esta é unha campaña tradicional na época estival en Foz, que ten moi acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”. AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

0.14677500724792