Tres alumnos do IES de Foz están de prácticas nun restaurante lisboeta

AMariñaXa
Tres alumn@s do IES de Foz realizan a súa formación práctica en Lisboa. Son Doroteia Tavares, José Carlos García e Alfonso Díaz Seronero
IES de Foz estan realizando practicas en Lisboa grazas a unha beca Erasmus 1.
17 Out 2021

Tres alumn@s do IES de Foz realizan a súa formación práctica en Lisboa. Son Doroteia Tavares, José Carlos García e Alfonso Díaz Seronero, que están traballando no restaurante Bairro do Avillez, da capital portuguesa, grazas a unha beca Erasmus. Todos eles remataron a súa formación no ciclo medio de Cociña e realizan estas prácticas como recentemente titulados.

A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, destaca que “este restaurante é propiedade de José Avillez, importante chef portugués con establecementos en todo Portugal e Dubai. A experiencia está sendo moi satisfactoria e enriquecedora para o alumnado, que está aprendendo a elaborar pratos típicos da gastronomía portuguesa e disfrutando da cidade”.

IES de Foz estan realizando practicas en Lisboa grazas a unha beca Erasmus.
0.1639997959137