Tres alumnas do IES Alfoz-O Valadouro triunfan no Imaxiña

AMariñaXa
Tres alumnas do IES Alfoz-O Valadouro triunfan no Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2021 coas súas propostas
Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2021 Tania1 2
9 Mar 2022

O IES Alfoz-O Valadouro alzouse como o gran triunfador do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2021 coas propostas fotográficas de tres alumnas. Na undécima edición do concurso que organiza a Fundación Imdecum, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a gañadora foi Tania Verdes, de 3º da ESO; resultaron destacadas ademais as imaxes presentadas por Carla Fernández, tamén de 3º, e Celia Fernández, de 1º.

A fotografía gañadora, de Tania Verdes, está protagonizada polo salto dunha figura humana cun horizonte de nubes e o solpor ao fondo. A maxia e o xogo de cores do luscofusco tamén emerxe na instantánea finalista de Carla Fernández. Celia Fernández obtivo o recoñecemento como finalista nesta edición por unha imaxe da Finca Galea.

Tras o obradoiro impartido polas fotógrafas Andrea Rodríguez e Fátima Ríos na Asociación Saúde Mental da Mariña na primavera pasada, o Festival Audiovisual da Mariña despediu 2021 coa visita dun colaborador asiduo de Imdecum ao alumnado do IES Monte Castelo de Burela, o artista multidisplinario viveirense David Catá, que encabezou o xurado desta última edición xunto ao  presidente de Imdecum, Marcelino Luna.

O Imaxiña continuará percorrido en 2022 este venres facendo parada no IES Alfoz-O Valadouro. 

Lúa apocalíptica, en 2020

En 2020, o premio recaeu no IES Monte Castelo, con ‘Lúa apocalíptica’ de Carolina Cordido, alumna de Bacharelato de Artes.

0.069816112518311